Noticias
21 de agosto de 2009
Brais perderá o torneo de Trabada pola convocatoria de Galicia Sub-20

O segundo porteiro do CD Burela FS, Brais García, non participará no V Memorial Celso Currás desta fin de semana, debido á súa cita coa Selección Galega Sub-20. O ata agora xuvenil laranxa foi convocado para o torneo triangular amigable que o combinado autonómico disputará mañá, sábado, en Vigo.

O pavillón das Travesas acollerá os encontros ante o Coruxo, de Primeira Nacional A, e o Inter Movistar, da División da Honra, a partir das 19.00 horas.  Javi Rodríguez e Turero, que tamén foron reclamados pola selección, non xogarán en Vigo por decisión do corpo técnico burelista.

O CD Burela FS disputará a primeira semifinal do Celso Currás mañá ante o Autos Lobelle, a partir das 18.30 horas, no pavillón municipal de Trabada. No caso de saír vitorioso, tocaralle xogar a gran final o domingo (21.00) fronte ao gañador do duelo Azkar Lugo FS-Marfil Santa Coloma, que se medirán ás 20.30.

Juampe tampouco intervirá no memorial trabadense, por unha tendinite rotuliana, e Christian será dúbida ata última hora.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores