Noticias
17 de agosto de 2009
O club laranxa abre a campaña de socios/as 2009-10

O Burela FS abre a súa campaña de socios/as para a tempada 2009-10 con 'Empezamos?', vídeo promocional que a entidade laranxa estreou ante a afección o venres pasado, 14 de agosto, na presentación dos primeiros equipos en Vista Alegre.

A produción audiovisual, elaborada polo departamento de comunicación do club, fai un chamamento ao espírito laranxa no seu estado máis puro, á volta ás orixes. ‘Empezamos?’ repasa os logros burelistas ao longo destas oito tempadas, experiencias todas elas que se poden relatar de moitas formas, pero que só teñen un único xeito de vivilas: como comezaron todos os afeccionados e afeccionadas laranxas alá polo ano 2001, cunha paixón incondicional polo fútbol sala, facendo de cada encontro unha festa inesquecible. Nesta forma de vivir o deporte radica a esencia laranxa. 

Carteis informativos completan a campaña xunto ao vídeo de BurelaFS TV, ao que se pode acceder a través www.youtube.com/burelafs e na propia web oficial do club.

Prezos

Os abonos para 2009-10 manterán os prezos da tempada pasada e con eles os socios e socias poderán asistir aos partidos do equipo masculino, en Prata, e do feminino, en Honra. O individual será de 75 euros e o familiar de 125; o xuvenil (14-18 anos) custará 25 e o universitario e de xubilado serán de 60 euros. Todas aquelas persoas interesadas poden recibir máis información no local social do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores