Noticias
17 de agosto de 2009
O Burela FS presenta os seus proxectos de Prata e Honra

O fútbol sala volveu encher a bancada de Vista Alegre o venres pasado, na presentación dos conxuntos masculino e feminino do Burela FS, que defenderán as cores laranxas en Prata e Honra, respectivamente, no vindeiro exercicio.

Nunha pantalla xigante instalada para a ocasión, a proxección do documental ‘marea laranxa’ inaugurou o acto ás 21.00 horas. Despois o público tamén puido asistir á estrea de ‘Empezamos?’, vídeo da campaña de socios/as 2009-10 realizado polo equipo de comunicación do club e que amosa o espírito da afección laranxa no seu estado máis puro.

Como remate, xogadoras e xogadores, xunto aos corpos técnicos, foron saíndo, seguidos/as por un raio de luz e acompañados/as da ovación da bancada. Dirixíronse ao público o presidente, José Ramón González Casas; os novos adestradores dos equipos masculino e feminino, Suso Rey e Javier Pardeiro; e os dous capitáns, Juanma e Claudia. Os membros burelistas garantiron traballo, esforzo e, sobre todo, ilusión para 2009-10 e agradecéronlle o seu apoio á afección, á que cualificaron “como unha das mellores de toda España”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores