Noticias
11 de agosto de 2009
O Beiramar imponse no torneo de fútbol praia sub-19

O conxunto burelao Beiramar impúxose onte no torneo de fútbol praia sub-19 que organizou o CD Burela FS en colaboración coa Deputación de Lugo e o Concello de Burela. A competición, prevista para o 4 e 5 de agosto na praia Urbana, tivo que trasladar a súa segunda xornada á tarde de onte debido ás chuvias da semana pasada.

Beiramar proclamouse campión do torneo despois de vencer na final a Los del Sur por 4-2. A terceira posición foi para Non Sei e Os Cracks quedaron cuartos. Nesta segunda xornada non se presentaron os focegos Panzer e Non Vas Solo e o burelao Mañana le Digo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores