Noticias
10 de agosto de 2009
O Burela FS arranca a pretempada cunha convivencia en San Martiño

O primeiro equipo masculino do Burela FS inaugurou a súa pretempada cunha xornada de convivencia o sábado, en San Martiño de Mondoñedo. Xogadores, equipo técnico e directiva gozaron dun xantar de confraternidade na vila focega, aínda que sen deixar de lado a súa preparación cara á tempada 2009-10.

Pola mañá, os burelaos escolleron a praia da Marosa para comezar con tarefas de contacto físico. Tras a comida, o CD Burela FS fíxolle unha ofrenda floral á Virxe do Carme en San Martiño.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores