Noticias
6 de agosto de 2009
A chuvia paraliza o Torneo Sub-19 de Fútbol Praia

O CD Burela FS viuse obrigado a suspender onte o Torneo Sub-19 de Fútbol Praia a causa da chuvia. A devandita competición, prevista para os días 4 e 5 de agosto na praia Urbana burelá, está promovida por Vicepresidencia Primeira e a Área de Deportes da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Burela.

O club laranxa prevé que os enfrontamentos da segunda xornada se disputen a vindeira semana, sempre e cando a inestabilidade meteorolóxica conceda unha tregua.

Oito equipos participan neste torneo; son os burelaos Beiramar, Cabo Verde, Los del Sur, Mañana le Digo, Os Cracks e Non Sei e os focegos Panzer e Non Vas Solo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores