Noticias
5 de agosto de 2009
O equipo masculino ponse en marcha esta tarde en Vista Alegre

O Burela FS 2009/10 ponse en marcha hoxe en Vista Alegre. Suso Rei contará con 13 xogadores para iniciar a pretempada, co partido ante o filial do Azkar no horizonte (será o próximo día 19).

Edu, Brais, Juanpe, Revilla, Purao, Turero, Javi Rodríguez, Christian, Minu, Juanma, Dani Martín e os xuvenís Manuel Giménez e Vicente, estarán finalmente ás ordes de Rei, que os convocou ás 16 horas no pavillón burelao. O equipo laranxa xogará oito partidos de preparación ao longo dunha intensa pretempada. A posta de longo do Burela FS na comarca será no torneo de Trabada, que se xogará os días 22 e 23 de agosto.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores