Noticias
4 de agosto de 2009
Dani Martín súmase ao proxecto do Burela FS

O á-pivote Dani Martín, de 20 anos de idade, asinou o seu compromiso co Burela FS. Á súa chegada á localidade mariñá, o xogador declarou sentirse “confiado en que faremos un bo papel” na tempada que se achega. Martín foi presentado polos vicepresidentes do club José Saa e Manuel Branco, quen se mostraron “convencidos de que Dani aportará un aire novo ao equipo”.

Procedente do Bilbo, Dani Martín ten unha traxectoria importante malia a súa mocidade. Foi internacional absoluto coa selección sub-21 en 2008 e anotou 14 goles co seu ex equipo durante a pasada tempada. O xogador opina que “Prata estará igualado este ano, e teño o convencemento de que con traballo e indo partido a partido estaremos aí, con opcións a todo”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores