Noticias
3 de agosto de 2009
O xuvenil Manuel Giménez fará a pretempada co primeiro equipo
Manuel Giménez Fraga incorporase ao primeiro equipo para facer a pretempada ás ordes de Suso Rey “con moita ilusión”. “Para nós, que dende pequenos asistimos a Vista Alegre para ver os partidos de fútbol sala, unha oportunidade coma esta significa moito”, declarou. O directivo José Luis Sáez presentou a incorporación do xogador da canteira, e aproveitou para incidir na “aposta clara da entidade pola xente nova”. Giménez é xuvenil de segundo ano, e xa foi convocado na tempada pasada coa selección galega sub-17.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores