Noticias
Últimas noticias publicadas
Venda anticipada para o Burela FS-ElPozo
Vista Alegre xa se prepara para o próximo Día do Club, o sábado 1 de novembro, coa visita de ElPozo Murcia (18.30 horas). A venda anticipada estará aberta dende o luns 27 de outubro na sede do CD Burela FS Pescados Rubén, de luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00). PREZOS PARA SOCIOS Abono Individual: 5 euros Abono Familiar: 5 euros/entrada
23 de outubro de 2014  |  
Destacada
O conxunto laranxa busca resarcirse en Zaragoza (venres 24, 20.45 horas)
O Burela FS Pescados Rubén disputará mañá a sétima xornada de Primeira División LNFS na pista de DLink Zaragoza (20.45 horas, Siglo XXI) buscando resarcirse do amargo empate de Vista Alegre ante Magna Navarra (4-4). “Viaxamos con ganas de quitarnos esa espiña; fixemos un bo partido pero non soubemos pechalo” reflexionaba Juanlu sobre o último compromiso, incidindo na relevancia de puntuar en terras mañas: “É u
23 de outubro de 2014  |  
Destacada
O Burela FS B viaxa a Lugo na quinta xornada
O Burela FS Pescados Rubén B viaxa a Lugo na quinta xornada de Terceira División para medirse ao CP Casás o sábado, ás 16.00 horas (pavillón municipal de Deportes). Tan só un punto avantaxa a novena praza dos laranxas (5 puntos) dos da capital de provincia, que veñen de conseguir a súa primeira vitoria de liga na casa do 5Coruña FS (1-2), tras dúas derrotas consecutivas (Pazos de Borbén 6-2 e Pizzería A Fuga Xove
23 de outubro de 2014  |  
Destacada
Horarios das promesas burelistas para o sábado 25 e o domingo 26
Todos os horarios da ED Burela FS, Cadetes, Xuvenís e Filiais para esta fin de semana.
23 de outubro de 2014  |  
Destacada
Inauguración dos Cursos Federativos de Fútbol e Fútbol Sala en Burela
O IES Monte Castelo acolleu onte a inauguración oficial do Curso 2014-15 de formación de adestradores, da Federación Galega de Fútbol. Xunto ao profesor da Escola Galega de Adestradores, Alfonso Mera, abriron o ciclo José Luís Sáez, representando a xunta xestora da FGF, e o director do centro educativo anfitrión, Marcelino Luna. Un total de 23 alumnos recibirán ata finais de maio de 2015 as ensinanzas de adestrador na lo
21 de outubro de 2014
Resultados de base
Todos os resultados de base da fin de semana.   DOCUMENTO ADXUNTO
21 de outubro de 2014
O Burela FS imponse na pista bilbaína con goles de Peque, Taina e Paula
O Burela FS Pescados Rubén cumpriu obxectivo e regresará esta noite cos tres puntos de La Casilla tras impoñerse ao novel Tecuni Bilbo FS por 1-3 con goles de Peque, Taina e Paula nun encontro de dominio galego ante a expectativa local. Peque xa inaugurou o marcador no minuto 5 en colaboración con Gaby tras roubo de balón. Ampliou distancias Taina no minuto 16 asistida por Peque. Con 2-0 reiniciouse a cita na segund
18 de outubro de 2014
Foto: Marián García Mesa
O porteiro xogador arrebátalle a vitoria ao Burela FS (4-4, Magna Navarra)
O Burela FS Pescados Rubén deixou escapar hoxe a vitoria de Vista Alegre nun gran partido que cambiou o rumbo triunfal dos de Juanlu, con 4-0 ao descanso, a partir do minuto 31 coa aposta polo porteiro xogador de Magna Navarra, que conseguiu empatar (4-4) a escasos segundos da bucina final.  Amosáronse serios e efectivos os laranxas ante o esixente Magna Navarra. A pesar de que as primeiras chegadas, sen excesivo perigo, foro
18 de outubro de 2014
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS recibe o esixente Magna Navarra
O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá en Vista Alegre o experimentado e esixente Magna Navarra; o partido da 6ª xornada de Primeira División LNFS arrincará ás 18.30 horas. Os mariñáns invocarán a fortaleza do santuario laranxa para facerse cos tres puntos. “Aquí estamos dando mellor medida; os xogadores máis novos están tendo moita responsabilidade polas circunstancias e eles renden mellor na casa, algo lóxic
17 de outubro de 2014
As burelistas visitan a pista do novel Tecuni Bilbo FS
O Burela FS Pescados Rubén visita a pista do novel Tecuni Bilbo FS o sábado (La Casilla, 18.30 horas), na sexta xornada de Primeira División RFEF procurando darlles continuidade aos bos resultados das últimas xornadas e seguir coa escalada na clasificación. “Veremos un equipo que seguramente defenderá de principio moi atrás, coma se nos presentan a maioría dos rivais esta tempada, e que na súa casa será máis agres
16 de outubro de 2014
Patrocinadores