Entrevistas
17 de febreiro de 2016
Christian convocado con España Sub19
Christian Rivas García, xogador do equipo xuvenil de División de Honor do CD Burela FS Pescados Rubén foi convocado coa selección española Sub19 para disputar dous amigables en Águilas (Murcia) ante Portugal. O primeiro encontro xogarase o martes 23 de febreiro ás 20:30 horas e o segundo envite o mércores 24 á mesma hora. Con esta convocatoria Christian Rivas será o primeiro xogador, integrado nas categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén, en vestir a camiseta de España. O club felicita a Christian pola súa chamada coa selección nacional, convocatoria que o mozo xogador de 16 anos recibiu “con enorme ledicia e, sobre todo, moi sorprendido pola convocatoria. Estou entusiasmado con esta oportunidade”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores