Entrevistas
22 de xuño de 2015
A cafetería Vista Alegre tamén é Laranxa

O directivo do CD Burela FS Pescados Rubén José Ángel Dovale Gradaílle, visitou o xerente da cafetería Vista Alegre, Miguel López, no seu establecemento para agradecer a colaboración da empresa hostaleira á entidade, apoiando tanto ás categorías de base como aos equipos da máxima categoría.


A cafetería, situada na avenida Arcadio Pardiñas, 159, Burela (982 58 00 85), non só comparte nomenclatura co mausoleo laranxa, onde sábado tras sábado os equipos burelistas de Primeira División compiten cos mellores clubs de España. É unha das referencia da afección, punto de encontro antes e despois dos partidos para os protagonistas da Marea Laranxa. Os seus variados e exquisitos almorzos son unha das grandes especialidades da cafetería, cos que cativou o padal de moitos dos xogadores e xogadoras burelistas. Tapas e deliciosos pinchos, para acompañar calquera bebida, tamén sitúan o Vista Alegre como un dos locais máis demandados entre a clientela de dentro e fóra de Burela de todas as idades.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores