Entrevistas
14 de xaneiro de 2015
Construcciones y Canalizaciones Saa patrocina a Edu e Álex
Os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén, Eduardo Saavedra e Alejandro González, visitaron as oficinas de Construciones y Canalizaciones Saa. A empresa mariñá dirixida por José Saa ampliou o seu compromiso coa entidade mariñá a través do patrocinio individual dos gardiáns da meta laranxa. Álex e Edu garanten a seguridade na portería do Burela Pescados Rubén do mesmo xeito que Construciones y Canalizaciones Saá que logrou coa súa existosa traxectoria empresarial imprimir un selo inconfundible de máxima garantía, compromiso e calidade. Respecto ao patrocinio de ambos deportistas José Saá resaltou que “os nosos valores identifícanse plenamente con Edu e Álex. Ambos son xogadores de calidade que en cada xornada demostran a súa profesionalidade e compromiso co equipo. Son unha garantía para defender a portería do Burela Pescados Rubén e por iso decidimos apoiar esta iniciativa. As boas obras deben sustentarse no rigor, o traballo en equipo, ofrecendo garantía de calidade e compromiso co medio ambiente. Esta é a nosa filosofía empresarial e consideramos que tanto Álex como Edu son dous alicerces fundamentais no proxecto deportivo do club e que ambos representan os nosos valores de profesionalidade, esforzo e dedicación”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores