Entrevistas
22 de decembro de 2014
Alain Afflelou Burela patrocinador de Carlos Valle
Alain Afflelou Burela e o CD Burela FS Pescados Rubén reforzaron esta tempada o seu compromiso co patrocinio de Carlos Valle, xogador do equipo de Primeira División. O canteirán burelés visitou a óptica de Marta Basanta Fernández que mostrou a súa satisfacción polo acordo alcanzado: “Asociar a nosa imaxe ao deporte sempre é moi positivo e neste caso concreto máis aínda xa que sumamos identidade ao proxecto. É un orgullo que os canteiráns adquiran máis protagonismo xa que a súa presenza xera ilusión na afección e na base”. A xerente de Alain Aflellou Burela apostou desde os seus inicios, primaveira de 2008, polo CD Burela FS Pescados Rubén como unha parte importante “da nosa política publicitaria. É unha realidade que a nosa asociación co CD Burela FS Pescados Rubén é moi positiva para a nosa marca. Desde o principio xerounos a opción de chegar con facilidade á xente e unha notoria visibilidade que, consecuentemente, proporcionounos unha rápida e destacada posición no mercado. Ademais sumamos un valor engadido, vincular a nosa imaxe co deporte e cun club que representa a Burela por toda España. É un orgullo ser partícipe do enorme desafío que supón competir na élite nacional. Aproveito a ocasión para felicitar ao club pola súa clasificación para a Copa de España 2015”.


PROMOCIONS. Do mesmo xeito que en tempadas anteriores, Alain Afflelou Burela ofrece descontos aos socios do CD Burela FS Pescados Rubén e tamén ofrece como cada ano suculentas ofertas como o 3x1 de Tchin Tchin: por só 1 euro máis podes comprar un segundo par de lentes e un terceiro para ti ou para quen ti queiras!!

Ademais en Alain Afflelou Burela poderás gozar gratuitamente, durante todo o ano; de 1 mes de proba nas túas lentillas, adaptación de lentillas, o segundo par de lentes progresivos da mesma categoría que o primeiro únicamente por 1 euro a maiores..... e moitas máis ofertas que che podes atopar na óptica situada en Rosalía de Castro, 25 de Burela. Non o dubides e consulta a túa mellor opción!!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores