Entrevistas
21 de novembro de 2014
José Luis Sáez asume a vicepresidencia da Federación Galega de Fútbol Sala

O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez, acompañará a Juan Probaos na súa nova etapa á fronte da Federación Galega de Fútbol Sala. O directivo laranxa será o responsable da vicepresidencia na reelección do presidente entre 2014 e 2018.


José Luis Sáez amosou o seu agradecemento e compromiso co fútbol sala nesta nova andaina: “Asumo esta responsabilidade agradecido e honrado pola confianza depositada por Juan Probaos na miña persoa,  a cal devolverei con lealdade ao presidente e á institución;  traballarei arreo en prol do fútbol sala galego. A próxima unificación entre as federacións galegas de Fútbol e Fútbol Sala, que esperemos sexa unha realidade e que se lle debe a José García Liñares e Juan Probaos, dará un importante impulso ao noso deporte”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores