Entrevistas
8 de outubro de 2014
Juanlu: 'Este premio é o recoñecemento ao traballo do club e do corpo técnico'

O adestrador do CD Burela FS Pescados Rubén, Juan Luís Alonso Doral, recibiu onte o recoñecemento da Real Federación Española de Fútbol e do seu presidente, Ángel María Villar, polo seu traballo en 2013-14 nos IV Premios Ramón Cobo, que homenaxean ao exfutbolista e exmembro do Comité de Adestradores.


Juanlu recolleu o galardón identificándoo como un “recoñecemento non só ao meu traballo senón que é un premio ao traballo e a seriedade do club do corpo técnico, con Alfonso Mera e Juanma Marrube”. “É un recoñecemento moi importante da RFEF ao fútbol sala, que nos trata con respecto e agarimo e serve de estímulo para seguir traballando nunha profesión na que sempre hai máis sensabores que momentos agradables; é unha forma de compensar todo o tempo que dedicamos ao deporte e restamos a outras facetas importantes da vida, como a familia” explicaba o técnico laranxa.


Xunto ao adestrador burelista, na categoría de fútbol sala tamén foi galardoado Óscar García Poveda, do Elche FS.


Premiados en fútbol:


Ernesto Valverde, adestrador premiado de Primeira División


No campionato nacional de Segunda División, Fernando Vázquez


En Segunda B, no grupo 1, Francisco Fernández, adestrador do Racing.


Asier Garitano, adestrador do Leganés, no grupo 2


No Grupo 3, José Antonio Seligrat, adestrador do Lleida.


Luís Anxo César, do Albacete, no grupo 4


Fútbol feminino, Xavier Llorens, adestrador do FC Barcelona.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores