Entrevistas
16 de xullo de 2014
O Burela Pescados Rubén e Joma renovan patrocinio
O Burela Pescados Rubén e Joma renovan o seu contrato de patrocinio. O club burelés mantén a súa sponsorización técnica con Living Sport e Joma para as dúas próximas tempadas. O presidente do Burela Pescados Rubén, Manuel Blanco, o xerente de Living Sport, Antonio Couto, e o responsable do área de fútbol sala no departamento de marketing de Joma, Óscar Jiménez rubricaron na sé da entidade laranxa o contrato de patrocinio polo que a marca deportiva española proverá ao Burela Pescados Rubén. Os equipos de Primeira División, masculino e feminino, o de Terceira División así como as categorías de base continuarán lucindo Joma, marca de recoñecido prestixio a nivel internacional, que se incorporou ao club mariñao como patrocinador deportivo na tempada 2011/2012.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores