Entrevistas
30 de abril de 2014
Xoias laranxas: Coñece a… Yago Ares
O prebenxamín Yago Ares Yáñez (Burela, 2006) xa é todo un veterano en isto do fútbol sala, unha paixón que lle inculcaron na casa dende ben pequeniño e que comparte co seu irmao Jairo.

- Cando empezaches a xogar ao fútbol sala?

- Empecei fai case tres anos e xa adestro con benxamíns.

- Practicas outro deporte?

- Natación

- Pensas en algo antes de saír a xogar?

- Simplemente en divertirme, tamén o paso moi ben na grada de Vista Alegre cando vou ver os partidos.

- Cal é o teu equipo favorito? E o teu xogador?

- Dos que vin o que máis me gustou foi o Inter Movistar e o meu xogador favorito é do Burela Pescados Rubén, encántame Matamoros.

- Tes algún antecedente deportivo na túa familia?

- Meu irmao Jairo que tamén está no Burela Pescados Rubén. Ten 12 anos e xoga no equipo infantil.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores