Entrevistas
23 de abril de 2014
Xoias Laranxas: Coñece a....Pablo Fernández
Pablo Fernández Rubal (Burela, 2004) é o capitán dos benxamíns laranxas. O pequeno deportista, que se internou na familia burelista o ano pasado, é un grande afeccionado do FC Barcelona e de Andrés Iniesta.

-Cando empezaches a xogar ao fútbol sala?

-O ano pasado, en Burela

Practicas outro deporte?

-Baloncesto

Pensas en algo antes de saír a xogar?

-En nada en especial; tan só en divertirme.

-Que cres que se che dá mellor? O deporte ou os videoxogos?

-Creo que o mellor se me dá é o baloncesto.

-Que é o que che gusta máis e menos dos adestramentos?

-O que máis me gusta son os partidiños e o que menos cando Benito nos rifa porque non estamos facendo ben os exercicios.

-Cal é o teu equipo favorito? E o teu xogador?

-O FC Barcelona e Andrés Iniesta

-A onde che gustaría ir de vacacións?

-Gústame moito viaxar, gustaríame coñecer calquera lugar. Acórdome moito das viaxes que fixen a Suíza e Francia.

-Cal é a túa comida e a túa bebida preferida?

-Arroz e Trina de laranxa

-Tes algún antecedente deportivo na túa familia?

-Meu pai xoga ao fútbol sala dende sempre. Cando xogamos xuntos gaña el pero porque fai moitas faltas…
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores