Entrevistas
17 de abril de 2014
Xoias Laranxas: Coñece a... Nicolau Vizoso
O alevín Nicolau Vizoso López (Burela, 2002), máis coñecido como Nico, é un deportista nato. Dende os 5 anos pertence á ED Burela FS e saca tempo de onde sexa para gozar do fútbol sala, pero tamén do tenis e do fútbol. Dende sexto de Primaria, xa pensa nunha formación universitaria centrada na Educación Física para dedicarse profesionalmente ao deporte.

-Cando empezaches a xogar ao fútbol sala?

-Aos 5 anos

-Á parte de fútbol sala, practicas outros deportes?

-Si. Tenis na escola municipal e fútbol coa AFD Porto de Burela

-En que pensas á hora de saír á pista?

-En divertirme e gañar se se pode. Todos os partidos son especiais.

-En que cres que es mellor? Na pista ou cos mandos dun videoxogo?

-Mellor co fútbol sala

-Que equipo de Primeira che gusta máis?

-O Barcelona

-Tes algún ídolo no fútbol sala?

-Saad, do FC Barcelona Alusport; ten forza, tiro e regates moi bos.

-Que materia che gusta máis e cal che gusta menos?

-As que máis me gustan son Educación Física e Coñecemento e a que menos Matemáticas

-A que che gustaría dedicarte de maior?

-Gustaríame estudar INEF.

-Que tal vos vai na competición? Mellorarías algo do seu formato?

-Bastante ben; quedamos segundos. Fíxosenos curta; xogamos 6 partidos

-En que posición te apopas mellor?

-Como peche

-Por que te decidiches a xogar ao fútbol sala?

-Sempre me gustou. Dende moi pequeno vou ver os partidos con meu pai.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores