Entrevistas
9 de abril de 2014
Xoias Laranxas: Coñece a... Alejandro García

O cadete Alejandro García, máis coñecido como Mini (Ferreira, 1998), chegou á ED Burela FS sendo alevín dende o Val do Ouro. Este ano, compatibiliza as obrigas do seu equipo, en Autonómica e Deporte Escolar, cos adestramentos da categoría xuvenil.


1.Cando empezaches a xogar ao fútbol sala?


- Nas escolas de Ferreira, con 5 ou 6 anos


2.Xa tes algún nome deportivo?


- Pois Mini porque son pequeniño; empezaron a chamarme así cando cheguei á ED Burela FS, en alevín de segundo ano


3.Que che gusta máis e menos dos adestramentos?


- O que máis me gusta son as pachangas e o que menos o comezo dos adestramentos, o físico.


4.Tes algún equipo de Primeira como favorito? E algún ídolo no fútbol sala?


- O Inter Movistar. Como ídolos Ricardinho e Falcão


5.Cales son a túa comida e bebida favoritas?


- Lasaña e o Aquarius de laranxa


6.A onde che gustaría ir de vacacións?


- París, Roma... gustaríame coñecer Europa


7. Tes algunha outra afección?


- Gústame o baloncesto, como afeccionado de sofá


9.Como vai a tempada?


-En Deporte Escolar clasificámonos para a fase final comarcal e en Autonómica pelexamos por entrar na Copa.


10. Cambiarías algo do formato de competición?


-Autonómica está ben, pero en Deporte Escolar tivemos poucos partidos


11. En que posición na pista te atopas mellor?


- Como ala


12. Que supón para ti o fútbol sala?


- Alegría, diversión e bos momentos cos compañeiros


13. Tes alguén na casa que che inculcara a afección polo fútbol sala?


- Si, meu pai; é un grande afeccionado de bancada

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores