Entrevistas
26 de marzo de 2014
Xoias Laranxas: Coñece a... Luismi Nieto

O infantil Luismi Nieto Fraga (Burela, 2000) compatibiliza os estudos de 2º da ESO coa defensa da portería da ED Burela FS, ademais de ser un dos elixidos para salvagardar a rede da Selección Galega nos seus compromisos con outras comunidades.



1.Cando empezaches a xogar ao fútbol sala?


- Con 4 ou 5 anos, xa no Burela FS


 


2.Á parte do fútbol sala, practicas outro deporte? Cal?


- Baloncesto ata o ano pasado, pero ao final decidinme polo fútbol sala porque me gusta máis


 


3.Con que te consideras mellor? Na pista ou cos mandos dun videoxogo?


- Cos videoxogos; creo que é máis doado, non hai presión e tamén practico bastante.


 


4.Que che gusta máis e menos dos adestramentos?


- O que máis me gusta son as pachangas e o que menos correr.


 


5.Tes algún equipo de Primeira como favorito? E algún ídolo no fútbol sala?


- O Inter Movistar. E como ídolos os porteiros Edu, do Burela FS, e Rafa, de ElPozo.


 


6.Cal é a materia que máis che gusta?


- Educación física


 


7.Cales son a túa comida e bebida favoritas?


- O kebac e o Aquarius de laranxa


8.A onde che gustaría ir de vacacións?


-Gustaríame coñecer París.


 


9.Como vai a tempada?


-En Deporte Escolar rematamos primeiros, pero en Autonómica non nos vai tan ben. Tamén estou adestrando coa Selección Galega Infantil para o próximo campionato; pásoo moi ben, levámonos todos moi ben, aínda que é unha pena que xa non estea un dos meus compañeiros, Nito; antes chamábannos aos dous.


 


10. Cambiarías algo do formato de competición?


-Autonómica está ben, pero Deporte Escolar faise moi curta; tan só tivemos seis partidos.


 


11. Por que elixiches o fútbol sala entre todos os deportes posibles?


-Porque se me dá ben e porque me gusta.


 


12. Pensas no teu futuro no fútbol sala?


-Non creo que vaia dedicar a isto, pero quero aproveitar todas as oportunidades e seguir practicando este deporte sempre que mo permitan as outras obrigacións.


 


13. Tes algún referente deportivo na túa familia?


-Si, meu primo Manu Jiménez; tamén estivo na escola do Burela FS, xogou no equipo sénior e agora está no Burela FS B, de Terceira.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores