Entrevistas
20 de marzo de 2014
Xoias Laranxas: Coñece a... Adrián García

O xuvenil Adrián García Eijo (Burela, 1996) é un dos veteranos da estrutura de base laranxa, competindo en liga Nacional e Provincial. Dende ben pequeniño, dende benxamín, forma parte da familia burelista, unha paixón que lle vén de seu avó, grande afeccionado á tradición do fútbol sala na Mariña.


1. Tes algún nome deportivo?


- Si. Dende a tempada pasada os compañeiros chámanme Rafa. Tocáronme unhas zapatillas asinadas por Rafa Usín, do Triman, que sorteou no Twitter e son coas que xogo dende aquela.


2.Cando empezaches a xogar ao fútbol sala?


- En benxamíns


3.Á parte do fútbol sala, practicas outro deporte? Cal?


- Alternei fútbol sala e fútbol, pero agora só practico fútbol sala.


4.Que te motiva á hora de saír á pista?


- As ganas de gañar


5.Tes algunha manía ou un ritual antes de saltar á cancha?


- Toco os paus nos quentamentos.


6.Que che gusta máis e menos dos adestramentos?


- O que máis me gusta, sen dúbida, son as pachangas e o que menos a parte física.


7.Tes algún equipo de Primeira como favorito? E algún ídolo no fútbol sala?


- O Inter Movistar por historia, estrutura e palmarés. E como ídolo Ricardinho.


8.En que posición na pista te atopas mellor?


- Como ala ou peche


9.Como ves o equipo? Ata onde cres que podedes chegar esta tempada?


- En Copa Nacional Xuvenil levamos unha vitoria e unha derrota e en Provincial podemos acabar primeiros.


10.Que opinas do formato actual de competición? Cambiarías algo?


- Creo que Nacional está bastante ben, pero sería moi atractivo que se crease unha División de Honra, como parece que se fala para a próxima tempada


11.Que supón para ti o fútbol sala?


- O deporte é un momento de liberdade, serve para abstraerme de todo, dos estudos...


12.Cal é a materia que máis che gusta?


- Eu son totalmente de Letras (2º de Bacharelato).


13.Gústache a música? Algo en especial?


- Si. Calquera xénero menos a clásica


14.E o cine?


- Tamén. A miña película favorita é Transporter.


15.Cales son a túa comida e bebida favoritas?


- O polbo e a Coca-cola


16.Por último, quen che inculcou o amor polo fútbol sala?


- Meu avó; xa era afeccionado do antigo Cefire.



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores