Entrevistas
23 de decembro de 2013
Jozi:"Vivín a final de Mundial soñada"
Fotografía: La Voz de Galicia
Jozi regresou a Burela como tetracampeona do mundo. «Aínda non mo creo, estou nunha nube», confesaba a porteira brasileña despois de que a súa selección conquistase o cuarto título consecutivo no Torneo Mundial de Cidade Real, onde Brasil se impuzo (2-1) na final á España das tamén burelistas Lidia e Peque.

-O seu cuarto título mundial...
-Nin nos meus mellores soños imaxinaba que ía alcanzar algo así. Estou feliz polo título, moi feliz, e aínda impresionada por todo o que vivimos en Cidade Real. Foi todo tan lindo... Sobre todo na final, a final soñada, con España como rival e nun pavillón abarrotado por máis de 5.000 persoas. Nunca xogara ante tanto público.

-A hexemonía brasileira continúa un ano máis.
-Sinceramente, crin que este ano a campioa ía ser España. Víaas moi unidas e moi centradas, e tiñan o público a favor, pero a sorte estivo do noso lado.

-O azar decidiu a final?
-Non, creo que fomos superiores. Xogamos mellor e gozamos máis ocasións. A porteira española estivo moi acertada e eu non tiven demasiado traballo.

-Foi a final máis complicada de gañar?
-Non, foi a de Brasil. España tiña vantaxe no marcador a 38 segundos do final e acabamos gañando na prórroga.

-Na final, Peque aportou pouco e Lidia non xogou.
-Peque non tivo o seu día, afortunadamente para nós porque é unha das mellores xogadoras do mundo. Respecto de Lidia, era a súa primeira convocatoria e o adestrador optou polas xogadoras con máis oficio. En certo xeito é normal, pero si proponllo poderá ser unha xogadora importante na súa selección.

-A que xogadora do Mundial traería para o Burela?
-Á miña compañeira Lucileia. Sería unha gran fichaje.

Entrevista de: La Voz de Galicia
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores