Entrevistas
3 de decembro de 2013
Juanma: 'Máxima intensidade para Santiago'
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén desprázase o sábado á capital galega (Multiúsos do Sar, 18.00 horas, TVG2) para medirse co Santiago Futsal, un equipo que tradicionalmente se lle resiste ao cadro laranxa, aínda que Juanma cre que esta apreciación non ten moito que ver coa realidade. "É certo que nos gañou nos dous últimos amigables, pero a pasada tempada sumamos catro puntos de seis posibles, o que creo que está moi ben", sinalou.


 


Juanma cualifica o Santiago Futsal como "un conxunto que vive os partidos con máxima intensidade" e cre que o Burela FS ten que responder coas mesmas armas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores