Entrevistas
22 de outubro de 2013
Un equipo 'en continuo crecemento'

O adestrador do Burela FS Pescados Rubén amósase satisfeiro cos últimos resultados e sobre todo co recente 1-4 na pista do Viaxes Amarelle, pero sobre todo coa posta en escena, xa que ve o equipo "en continuo crecemento" e sendo capaz de facer máis cousas sobre a pista. "A un adestrador sempre o deixa contento que as súas xogadoras intenten facer o que pon en práctica nos adestramentos", manifestou.


O técnico cre que o resultado explica o sucedido no encontro e incluso pensa que o seu equipo tivo ocasións para ampliar a renda. "Penso que controlamos a situación en todo momento. Na primeira parte pasamos algún momento de apuro despois de relaxarnos un tanto con 0-1, pero despois do segundo gol o rival xa se entregou", explica o adestrador.


A liga 2013-14 está comenzado como acabou a anterior, co Burela FS e o Navalcarnero pelexando no alto da clasificación. Ambos os equipos suman 13 puntos dos 15 en xogo e son os dous únicos invictos, algo que Quico Otero valora máis que a táboa. "É moi cedo para facer unha análise seria da clasificación. O equipo amosa equilibrio e regularidade, pero aínda van só cinco partidos; isto non fixo máis que comezar" asegura el mariñán.


 


FONTE: A Mariña-El Progreso

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores