Edu e Álex, os dous gardametas do Burela Pescados Rubén, aceptan e aplauden a decisión do seu adestrador de alternalos na portería.
Como levan o de alternar a titularidade?
-Edu Saavedra: Para min é unha situación nova, pero non me fai sentir menos importante. Ademais, creo que é a medida máis xusta.
-Álex González: Ben, sen problema. Os dous sabiamos que isto podía pasar.
-Quizás os dous merezan xogar sempre e esta situación se prolongue no tempo.
-E.S.: Sería moi bo sinal, significaría que a portería do Burela está moi ben cuberta.
-A.G.: Seguramente. Se non ocorre nada estraño ou un estea moi por encima do outro, esta situación será habitual durante toda a temporada.
-Avanzoulles algo Juanlu sobre quen será titular mañá en Zaragoza?
-E.S.: Anúnciao antes do partido. É mellor así porque te obriga a estar motivado ao 100% ata o último momento.
-A.G.: Non, dínolo xusto antes de saír quentar.
´
[...]
Más información en La Voz de Galicia