Entrevistas
15 de outubro de 2013
Peque: 'Este ano haberá máis emoción en canto a número de equipos'

A burelista Peque intúe unha Primeira División con máis aspirantes ao título que na última tempada, cando o Burela-Pescados Rubén e o Atlético de Madrid alternaron o liderado da clasificación desde moi cedo e apenas tiveron competencia. "Creo que este ano será distinto, haberá moita máis emoción en canto ao número de equipos. O Alcorcón xa está asentado na categoría e será un rival a ter moi en conta, igual que o Universidad de Alicante, que ten xogadoras excepcionais, e algún máis que entrará na pelexa por sorpresa", sostén.


O cadro alacantino foi precisamente a vítima do equipo mariñán na última jornada do campionato. Unha vitoria "moi grande" nun escenario no que "moitos equipos se deixarán puntos", a xuizo de Peque, bigoleadora neste enfrontamento. "Os dez primeiros minutos foron seus, custounos adaptarnos á pista e entrar no partido, pero a partir do 1-0 fomos superiores. Botámoslle ganas e corazón e fixémoslles moitísimo dano, sobre todo nos contragolpes e con balóns ás costas", sinalou a xogadora laranxa.


 


FONTE: La Voz de Galicia

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores