Entrevistas
1 de outubro de 2013
Juanlu: 'Quédanos a sensación de que puidemos sumar'
Foto: A Caixa Escura

No ronsel da derrota ante o ElPozo Murcia (0-4), tanto Juanlu coma os xogadores son conscientes de que un resultado en contra ante un dos grandes pode ser un resultado lóxico, pero cren que o marcador non se corresponde para nada co visto sobre a cancha. O técnico felicitou o seu equipo polo esforzo realizado e cre que só faltou acerto e máis continuidade no xogo. “Estamos doídos porque nos queda a sensación de que puidemos gañarlle a un grande. Fáltanos certa regularidad dentro do mesmo partido porque alternamos minutos moi bos e outros nos que nos desaxustamos e nos descontrolamos, sobre todo á hora de atacar”, dixo Juanlu.


”Foi un partido de ida e volta, pero no cómputo global seguramente fomos nós os que tivemos máis chegadas claras”, sinala o adestrador, que pide aos seus homes máis tranquilidade á hora de resolver as xogadas. “Faltounos pausa e tranquilidade en moitos momentos do xogo” afirmou.


Juanlu valorou a capacidade de reacción mostrada polo seu equipo a cada golpe recibido. “Creo que fixemos un segundo tempo bastante completo no que por momentos minimizamos ofensivamente o rival, e iso é moito dicir”, explicou o estratega, que tamén deu mostras de inconformismo. “Temos que ser autocríticos e pensar que temos que mellorar en todos os aspectos do xogo, aínda que sería importante recoller bos resultados. As derrotas alongan o proceso de adaptación, mentres que os triunfos xeran confianza”, concluíu o técnico laranxa.


 


FONTE: A Mariña-El Progreso

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores