Entrevistas
17 de xullo de 2013
XOIAS LARANXAS: Coñecemos a... Néstor Valle



O infantil burelao Néstor Valle, máis coñecido como Nito, pechou o curso 2012-13 co recoñecemento de Mellor Xogador da súa categoría no emotivo Memorial Rodrigo Maseda 2013 da Fundación Imdecum. A súa debilidade polo fútbol sala ocupará o tempo de vacacións estivais deste alumno da ED EON Burela FS que xa deu os seus primeiros pasos na tempada pasada tamén cos cadetes laranxas. “Hai que seguir practicando para volver aos adestramentos mellor preparado” asegura Nito, que soña con oír o seu nome algún día nos cantos da bancada repleta de Vista Alegre.

 

- Esperabas ser galardoado no Memorial Rodrigo Maseda?

-Non, foi toda unha sorpresa. Os adestradores dixéronnos que con esforzo tiñamos posibilidades de acceder ao máximo goleador ou mellor xogador, pero xogando tan só tres partidos, fronte a outros equipos que particparon en cinco, non contaba con ese premio.

 

- Ademais do fútbol sala entre as túas afeccións hai algún outro deporte?

- Si, o campo a través e bádminton.

 

- Que tal foi o curso deportivo?

- Fíxoseme moi curto; tivemos uns adestramentos moi divertidos con Christian Fustes e Mario Pillado. Os resultados acompañáronnos máis en Deporte Escolar, no que quedamos primeiros; na Liga Autonómica non tivemos tanta sorte.

 

-Sendo infantil de primeiro ano,  tamén tiveches a oportunidade de xogar en categoría cadete. Como te sentiches?

-Pois moi cómodo; recibín moi bo trato, aínda que nos partidos ás veces os maiores abusan un pouco. Ja, ja…!


- Despois de cerrar as competicións ligueiras, como foi a aventura do Torneo de Fútbol Costa Nova?
-Foi algo novo e estraño. Non estamos acostumados nin ás dimensións da portería nin do campo de fútbol, pero co paso dos partidos fomos mellorando. Haberá que probar outra vez o próximo ano, a ver que tal se nos dá.


- Admiras a algún xogador neste deporte?

- Sen dúbida, Kike Boned, o capi de ElPozo; é decisivo nos partidos importantes.

 

- Nos equipos sénior do Burela FS quen che gusta especialmente?

- Mimi é moi importante antes os grandes rivais, Peque, polo desmarque, e Jozi porque o para todo.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores