Entrevistas
5 de xullo de 2013
Paula: 'É un luxo seguir xogando con estas compañeiras'

A xogadora máis noviña do Burela FS Pescados Rubén na elite, Paula Cortiñas Pardo, aínda en idade xuvenil, tamén renovou o seu compromiso para a nova tempada. ‘É un luxo seguir xogando con estas compañeiras’ afirmou a cervense, xunto ao presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, e o directivo Lino Quelle, que destacaron “o potencial e a frescura dunha xogadora que xa leva traballando e formándose con nós, no equipo sénior, dende 2011”.


Paula amosouse moi ilusionada coa súa continuidade na estrutura burelista. Aos seus 17 anos, a mariñá aspira a “seguir mellorando, axudar o equipo e poder gozar, pouco a pouco, de máis minutos e se pode ser tamén de goles”.


Para a pequena xoia do vestiario laranxa, 2013-14 promete como “a liga do orgullo galego”: “Será unha tempada con moita rivalidade, repleta de derbis, con cinco equipos galegos. Serán encontros nos que o xogo gañará en riqueza e teremos máis desprazamentos curtos, con menos desgaste”, explicaba Paula. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores