Entrevistas
4 de xullo de 2013
Lara: "Todas remaremos no mesmo sentido para seguir medrando'
O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o tesoureiro, Rubén Blanco, arrouparon a prometedora Lara Balseiro Candia na oficialización da súa continuidade na escuadra laranxa. “Todas remaremos no mesmo sentido para seguir medrando” declaraba a viveirense, de tan só 20 anos, desbordante aínda de orgullo e satisfacción tras a culminación do dobrete.
A ala mariñá, que cumprirá a súa segunda tempada en Burela nesta etapa e a quinta de toda a súa traxectoria, admitiu a súa especial relación coa entidade laranxa: “O acordo foi moi doado porque Burela era a miña preferencia; sempre me trataron ben e sempre cumpriron o prometido”. Con respecto a 2013-14, Lara tamén se mostrou moi animada e con ganas de máis: “Igualar as metas conseguidas será moi difícil e máis cando hai cambios, pero en Burela sempre se traballou moito e ben e seguirá sendo así co novo adestrador. Teremos que esforzarnos todas e adaptarnos o máis axiña posible ás premisas de Quico Otero para ser competitivas dende o primeiro compromiso” transmitía así a súa ilusión a viveirense, poñendo entre os obxectivos persoais “seguir traballando, coas mesmas ganas, axudar ás compañeiras e seguir gañando minutos”.
Manuel e Rubén Blanco destacaron “o valor de seguir contando cunha das referencias do presente e futuro do deporte mariñán, encarnado en Lara, un exemplo para o inmenso potencial futbolístico que se respira e polo que se traballa na comarca”. 
A novísima ala convértese na quinta renovación do equipo, tras Lidia Mesías, Peque, Maite e Jozi, coa incorporación de Quico Otero, no banco, e o regreso da ala-peche Claudia.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores