Entrevistas
28 de xuño de 2013
Maite: 'O club ofreceume as facilidades precisas para pechar a negociación'

A ala Maite García de la Montaña continuará lucindo a camisola laranxa. A cacereña foi recibida na sede laranxa polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez para asinar o compromiso para 2013-14, que a converte na terceira renovación do equipo.


A xogadora destacou a cordialidade e a celeridade do acordo, a pesar de chegar aos seus oídos algunha que outra proposta dende o estranxeiro: “Aínda que a tempada pasada foi dura por diversos factores e que recibín ofertas de Italia e Rusia, o meu obxectivo era continuar aquí. O peche da negociación dependía de pequenos detalles, nos que o club me ofreceu as facilidades precisas”.


Xa inmersa nunhas merecidas vacacións, Maite, de 25 anos, agarda con afán a volta á carga: “Será un ano moi bonito, con novas competicións e novas experiencias; gustaríame incrementar o orgullo do dobrete co título dalgún dos primeiros torneos da tempada”, así expresou os seus desexos a ala.


Nas filas burelistas, Manuel Blanco e Auditor Lombardía salientaron “a constancia e o traballo diario de Maite, dous valores cos que a xogadora seguirá axudando ao cadro na súa terceira tempada na Mariña”.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores