Entrevistas
25 de abril de 2013
Lucas: “Estou moi contento coa actitude do equipo”

O Burela FS Pescados Rubén B pecha a competición ligueira cun derbi comarcal ante A Fuga Xove FS. O duelo dispútase o sábado día 27, a partir das 18.00 horas (horario unificado), no pavillón Monte Castelo de Burela.


 


O conxunto dirixido por Lucas completa a súa estrea na Terceira División cun excelente balance “aínda que temos un sabor agridulce pola derrota ante o Villalba FS, que nos impide depender de nós para conquistar a segunda praza” comentou o técnico laranxa que recoñece que “as nosas opcións son remotas pero queremos despedirnos cunha vitoria nun derbi moi atractivo”.


 


O adestrador burelés destacou “a gran segunda volta que realizamos. Nesta segunda parte do campionato conseguimos os mellores números, seriamos líderes. Isto demostra o compromiso, traballo e dedicación dos xogadores que se esforzaron para progresar, individualmente e como conxunto. Estou moi contento coa súa actitude”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores