Entrevistas
24 de abril de 2013
Nacho: “Foi duro non estar nas mellores condicións para axudar ao equipo”



O xogador laranxa, Nacho Pedraza, inicia a súa recuperación tras pasar polo quirófano, luns día 22, no Centro Hospitalario Polusa de Lugo. O traumatólogo, José Antonio López, foi o cirurxián encargado de operar ao xogador burelés que arrastrou durante numerosas xornadas molestias no seu xeonllo esquerdo, afectado pola síndrome da cintilla iliotibial que impediu a Nacho Pedraza estar nas condicións idóneas para ofrecer a súa mellor versión.

O xogador burelés mostrouse “aliviado xa que agora temos un punto de partida para iniciar a recuperación. Foi duro non estar en condicións óptimas para xogar e axudar ao equipo”. En función da evolución, estímase que Nacho Pedraza debe estar afastado das pistas durante un periodo de mes e medio ou dous meses, polo que se despide da tempada actual.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores