Entrevistas
19 de abril de 2013
Juanlu, o gurú da seita laranxa
Foto: Colegios Arenas Gáldar

A maxia do fútbol sala en Burela resucita da man dun dos grandes gurús de España. Juan Luis Alonso Doral 'Juanlu' (Madrid, 1976) recupera o orgullo laranxa da Mariña. Coa permanencia case pechada, o Pescados Rubén aspira a levar o derbi contra o Azkar.


"Sinceramente, creo que estamos xa salvados. Sería posible que o Puertollano ou o Gáldar gañasen os tres partidos que restan, pero os dous á vez non creo", argumenta o técnico. A súa chegada a finais de febreiro -unida a tres fichaxes entre as que destaca Matamoros- supuxo o despegue definitivo do proxecto laranxa.


Juanlu aceptou a proposta de Burela polo seu "futuro prometedor, aínda que tivese un presente complicado" e cando chegou non atopou un pechacancelas descomposto. "Non había malas caras no vestiario nin contaminación, o que di moito dun grupo humano magnífico", expón. "O importante era a predisposición e recibín un compromiso moi grande por parte de todo o cadro".


 


Un partido apaixonante


 


O derbi do próximo sábado ás 13:00 horas en directo en MARCA TV será un duelo sen concesións entre dous clubs "que teñen dous das mellores estruturas de España". Juanlu comparte o seu principal motivación: "Dar unha alegría á afección por estar sempre co equipo. Eramos últimos e o único que facían era encher o pavillón". Ao preparador madrileño pónselle "a pel de galiña" cando sente ese apoio singular da inchada de Burela. "Máis de 200 persoas foron a Santiago, a semana que vén máis de 50 a Segovia facendo 500 quilómetros, é moi grande", afirma.


O único obxectivo que se fixa para a próxima tempada "é mellorar". A súa experiencia noutros clubs advírteo de que "non é bo querer medrar demasiado rápido". Ao técnico quédanlle dous anos de contrato nun dos templos máis fieis de España: "Aquí hai moita xente que vive por e para o fútbol sala". Un deporte que necesita moitos lugares coma Burela.


 


FONTE: Marca.com



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores