Entrevistas
17 de abril de 2013
XOIAS LARANXAS: Coñecemos a... Aarón Artime

Extrovertido, competitivo, traballador e, sobre todo, bo compañeiro. Son as palabras do monitor Carlos Moreno para definir a un dos seus alumnos, o alevín Aarón Artime Hernández (Burela, 7/09/2001), un pequeno deportista ao que o fútbol sala lle vén dende o berce e respira a doutrina da ED EON Burela FS dende os seis anos, afección que tamén comparte coa práctica de kárate.


Aarón ten os grandes exemplos de pasado, presente e futuro na casa; a referencia por excelencia no mundo do deporte atópaa en seu pai, Santiago, aínda que o alevín non se decantou pola defensa baixo os paus coma o proxenitor, e se se detén a pensar en qué lle gustaría ser de maior, tamén o ten o claro, será policía, coma seu tío.


Se a familia guía os pasos vitais do futbolista, o fogar laranxa non é menos; a atención de Aarón cáptana ademais Mimi e Peque, dos que o pequeno deportista valora con entusiasmo o seu esforzo e calidade sobre a pista.


Despois de alzarse con orgullo campión de grupo na liga, Aarón, segundo capitán do equipo alevín, representará xunto cos seus compañeiros a ED EON Burela FS, pelexando o vindeiro sábado polo pase ao Campionato Provincial de Deporte Escolar en Foz. Unha cita chea de diversión futbolística na que os equipos laranxas volverán brillar con empeño e ánimo!

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores