Entrevistas
5 de abril de 2013
Juanlu: “Queremos ofrecerlle unha vitoria a Vista Alegre”

Vista Alegre retoma a competición, sábado día 6 ás 18.30 horas, para continuar saboreando o despegue do Burela Pescados Rubén na súa loita pola permanencia. Trala importante vitoria lograda en terras canarias, a escuadra comandada por Juanlu Alonso recibe ao Ríos Renovables Ribera de Navarra. Os navarros están pelexando por conservar a última praza que da acceso ao Play Off polo título da LNFS. O equipo dirixido por José Lucas Mena “Pato”, ocupa a oitava praza con 30 puntos e ten como perseguidor ao Marfil Santa Coloma (28 puntos), polo que se xoga tres puntos moi importantes na súa visita a Burela.


Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén afronta este partido “con moitas ganas de ofrecer á nosa afección unha vitoria e refrendar a evolución do equipo” manifestou o técnico laranxa que agarda que os seus xogadores “poidan mostrar o seu potencial verdadeiro. Agora que conseguimos encauzar o noso obxectivo, liberáronse da enorme tensión que supón estar pechando a clasificación. Pero aínda quedan moitos puntos por disputar e ante o Ríos Renovables xogaremos coa máxima ilusión e intensidade, coma se fose o último partido da tempada”.


 


Convocatoria: Edu, Iago Barro, Enrique, Christian, Iago Míguez, Juanma, Cesinha, Mimi, Isi, Hugo e Matamoros.



Lesión de Nacho Pedraza. O xogador laranxa non poderá participar neste encontro debido á tendinite que sofre no xeonllo esquerdo.


 


BAKU UNITED FUTSAL. O mércores día 10, ás 20.00 horas, o Burela Pescados Rubén disputará un encontro amistoso en Vista Alegre ante Baku United Futsal, conxunto inglés que dirixe o mariñano Dani Ladra.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores