Entrevistas
20 de setembro de 2012
Juanma: “Cada balón temos que pelexalo coma se fose o último”

O Burela Pescados Rubén afronta o seu segundo partido na máxima categoría este venres (20:30 horas), tras a derrota sufrida ante o Fisiomedia Manacor. Nesta ocasión, o rival será o Marfil Santa Coloma, que tamén quere puntuar tras perder ante Umacon.

Para o capitán do Burela, Juanma, autor do primeiro gol da historia do seu equipo en Primeira, o bloque ten claro o camiño a seguir: “Todos sabemos onde estamos e que ningún ten que preocuparse pola derrota. O único que temos que facer é aprender dos erros para que non volvan suceder”.

O Burela debe “saber que os erros páganse caros. Ante Manacor fixemos un gran primeiro tempo con moitas ganas, pero coa tranquilidade suficiente para non pecar de precipitación, aínda que o segundo e terceiro gol tras a continuación da segunda metade fíxonos moito daño”.
“Nesta categoría ninguén nos vai a regalar nada. Cada balón temos que pelexalo coma se fose o último, porque no descanso estabamos moi animados logo de 20 bos minutos e despois, en dous, escapóullenos o partido. Se queremos competir ao maior nivel non podemos mostrar dúas caras diferentes”, concluíu Juanma.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores