Entrevistas
12 de setembro de 2012
Dany xa é xogadora do Burela FS

A pivote Daniela Domingos Lopes, Dany, xa é oficialmente xogadora do Burela FS Pescados Rubén. A goleadora brasileira, que foi presentada esta tarde na sede da entidade laranxa polo presidente, José Ramón González Casas, e o director xeral, José Luis Sáez Castro, estará á disposición de Javier Pardeiro para o sábado en Pamplona (Lacturale Orvina, pavillón Ezkaba, 19.30 horas).

Dany amosouse “moi contenta de ser parte da familia laranxa e con moitas ganas de que comece a liga”, destacando os obxectivos do club como a súa principal meta: “Veño para axudarlle a sumar ao equipo. Non busco trofeos persoais, nin ser a pichichi; o meu obxectivo é traballar, xunto coas compañeiras, para que o Burela FS quede entre os mellores”.

“Hai unha ansiedade xeneralizada polo inicio da liga entre todas as xogadoras” asegurou a nova burelista, con moita confianza no cadro para a incipiente tempada: “As posibilidades do Burela FS veranse co paso dos partidos; agora só penso en traballar e axudar o equipo, pero creo que Burela podería estar entre os favoritos ao título xunto ao Atlético e Alicante”.

Os dirixentes burelistas coincidiron en destacar a “determinación de Dany, como unha xogadora que enriquecerá o Burela FS en profundidade e finalización para seguir marcando metas máis altas“.

Dany (São Paulo, 1984), incorporada ao equipo dende o inicio de pretempada, xa deu boas mostras do seu espírito goleador, con 5 dianas en 3 partidos (Cidade das Burgas 1, Viaxes Amarelle 3 e Valdetires 1). A xogadora militou as dúas últimas tempadas no conxunto andaluz, que anunciou a retirada de Primeira División en agosto por motivos económicos. No seu debut cordobés, proclamouse pichichi da liga, con 41 dianas; a pasada campaña tamén destacou como unha das máximas finalizadoras, con 36 tantos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores