Entrevistas
30 de agosto de 2012
Enrique: 'O Mundial de Braga foi unha experiencia única'

Un dos novos rostros de 2012-13, Enrique Cánovas (Totana-Murcia, 1989), xa volveu integrarse na dinámica de pretempada laranxa, tras a súa aventura no Campionato Mundial Universitario de Braga 2012 (18-15 de agosto) defendendo a Selección Española. O peche do Burela FS Pescados Rubén, procedente de ElPozo Murcia, viviu a súa primeira convocatoria coa Vermella como “unha experiencia única e enriquecedora”: “Intentei aproveitalo ao máximo e empaparme do alto nivel, competencia e competitividade tanto dos rivais coma dos propios compañeiros” transmitiu o levantino.

O combinado español, de Maneul Luiggi Carrasco ‘Moli’, e Enrique despedíronse da cita internacional na sexta praza. “Tivemos un bo comezo. Quedamos primeiros de grupo, fronte ao Brasil (1-1), Omán (7-0) e Kazakhistán (6-2), pero a escasa preparación do conxunto e, sobre todo, o traballo físico da pretempada condicionáronnos en exceso” explicaba así o novo burelista os hándicaps do mundial para España: “O punto de inflexión foi a eliminatoria de cuartos, cando perdemos pola mínima con Tailandia (1-0), a pesar do 4-1 ante Acerbaixán” analizou Enrique, que regresou a Burela o domingo pasado para “traballar día a día e gañarme un posto no equipo” cun bo recordo tras a loita en Portugal polo quinto e sexto posto co Brasil, “nun partido moi igualado que rematou en empate 2-2, aínda que despois a sorte foi esquiva nos penaltis”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores