Entrevistas
24 de agosto de 2012
Juanma: 'O Burela FS chega con ganas de competir no seu ritual estival'

O experimentado ala-pivote laranxa Juanma, que volverá tomar as rendas da capitanía do Burela FS Pescados Rubén xunto ao meta Edu, agarda con “ansias” o primeiro amigable da pretempada; será mañá no VIII Memorial Celso Currás de Trabada (20.00 horas), ante o Santiago Futsal, antigo Autos Lobelle FS. “Este é o ritual de todos os veráns para o Burela FS, aínda que nos estrearemos nun partido equilibrado en categoría” dixo o alfocego, incidindo no salto do equipo á elite.

“Será o primeiro termómetro de medición, aínda que sen precipitarnos en extraer resultados. Saltaremos á pista con moita ilusión, cun grupo excepcional, no que as incorporacións se están aclopando con moito traballo e xa están moi identificados co club” explicou o Mariskal, que destacou a “estrutura e filosofía de referencia que reúne o rival na súa traxectoria”, un conxunto que experimentará cambios en 2012-13, con Santiago Valladares no banco, “sen minar a súa identidade que avalan os resultados”.

Coas típicas sobrecargas de pretempada, Julio Delgado contará na convocatoria de mañá con todo o cadro, a excepción de Enrique Cánovas, inmerso no Mundial Universitario de Braga; Nacho Pedraza arrastra un pequeno golpe. Tamén participarán os xuvenís Antón Couto e Fabio Salvador.

Para os composteláns esta será a terceira proba da pretempada, aínda que suporá a estrea cun rival da mesma categoría, de Primeira. Ademais, non será o único encontro entre santiagueses e burelistas antes do inicio de liga, posto que o próximo sábado, 1 de setembro, volverán verse as caras en Tui. Entre os xogadores de Santi Valladares figurarán Hamza, David, Barroso, Lucho, Mario Costa, Alan Brandi, Álex, Hugo, Raúl Campos, Jorge, Frois, David Pazos e Diego Quintela.


PREZOS

5 € para adultos
Gratis para menores de 12 anos

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores