Entrevistas
23 de abril de 2012
A Selección Española detén a súa mirada no Burela FS e en Lidia Mesías

Fíxose esperar pero o gran premio para o Burela FS Pescados Rubén por fin chegou; o primeiro chamamento da Vermella para a escuadra laranxa. A Selección Española detivo a súa mirada na Mariña para convocar a novísima Lidia Mesías na vindeira concentración na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

A xogadora burelista recibiu a comunicación esta mañá moi ilusionada: “É unha sorpresa marabillosa, aínda non dixerín por completo a noticia, pero estou moi contenta” confesou exultante Lidia. “Sempre se soña con que chegue a grande oportunidade, pero o certo é que aínda o vía como unha posibilidade de futuro. Intentarei aproveitar ao máximo estes días porque é unha experiencia que fai medrar a calquera” explicou a futbolista laranxa.

Dende o CD Burela FS, o director xeral, José Luis Sáez, tamén trasladou a alegría e orgullo do club mariñán, nunha convocatoria que “recoñece o concienzudo traballo polo que leva apostando a entidade nos seus dez anos de vida e o gran labor do equipo nesta tempada“.

Baixo as ordes de Arsenio Pascual, a ala ferrolá compartirá adestramento entre o 29 de abril e o 3 de maio, coas porteiras Belén de Uña, do Móstoles, e Eva Rodríguez, do Ponte Ourense; as peches Patricia Chamorro, do Móstoles, Claudia Pons, do Queralt Gironella, e María Molina, do UA Alicante; dos alas Ana Sevilla e Leticia Sánchez, do Atlético de Madrid Navalcarnero, Marta Rodríguez, do Ponte, Rosángela Sousa, do Valladolid FSF, e Eva Ortega, do Diamante Logroño; e as ala-pivotes Anna Costa, do Gironella, Sara Moreno, do Ponte, e Patricia González, do Soto del Real. Xunto a Lidia, tamén son novidade María Molina e Anna Costa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores