Entrevistas
12 de abril de 2012 www.futbolsalaweb.com
Iago Barro: 'O equipo está traballando moi duro para meternos no play off'

Por que te decidiches polo CD Burela FS Pescados Rubén e como foi a túa chegada a Burela?

Este verán presentouse a posibilidade de fichar por Burela tras estar xogando catro anos na Coruña (un ano en Troula FS 1ªB e tres en Mera FS 1ªA), mentres estudaba Inef, e foi unha moi boa oportunidade que non podía deixar escapar logo de acabar a carreira e empezar a gozar do fútbol sala de xeito profesional. Unha posibilidade como Burela FS non a podía deixar escapar; trátase dun club serio, moi ben estruturado e cunha grande afección.


Que diferenzas notas entre o teu anterior club e o actual?

A verdade que aínda que só existe unha categoría polo medio, as diferenzas son múltiples. Supón o paso dunha categoría amateur a unha profesional. O Mera FS era un equipo familiar, un equipo pequeniño que se mantiña pola ilusión da xente que levaba alí moito tempo. Aquí en Burela é todo moi distinto, hai moita xente á disposición do club.

 

Como afronta o equipo esta recta final? Hai confianza por meterse nos play off?

O equipo está traballando moi duro para conseguir o obxectivo final que non é outro que meternos no play off. Temos que ter paciencia, pero somos optimistas en que podemos entrar, pero sendo conscientes da posición que ocupamos e que por algo é. Quédannos 5 finais, tres na casa e dúas fóra, esperemos sacar o maior número de puntos para alcanzar o obxectivo.

 

[+ inf. en www.futbolsalaweb.com]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores