Entrevistas
7 de febreiro de 2012 La Voz de Galicia
Ro: 'Fixemos o partido soñado en Móstoles'

O Burela FS Pescados Rubén fixo anacos todos os prognósticos na última xornada da Primeira División. As mariñás impuxéronse por 2-11 ao líder, Móstoles, con catro goles de Rosana Carballés, quen onte aínda se emocionaba ao recordar a xesta.

- Foi esta a mellor vitoria do Burela na elite?
- Sen dúbida. Entre outras cousas porque non era un rival calquera, era o líder, un equipo ateigado de internacionais. Fixemos o partido soñado en Móstoles.

- Que outras citas garda na súa memoria?
- A vitoria en Córdoba no noso primeiro ano en Primeira: levaban dous anos sen perder na casa, iamos sen Souza...; e o triunfo sobre o Valladolid nun Vista Alegre cheo co que nos clasificamos para a Copa de España.

- Felicitáronas as xogadoras do Móstoles ao final?
- Si, si. Cando perdes na casa desa forma non che queda outra que aplaudir o rival e felicitalo. Ata o público nos ovacionou.

- Outro póker de goles de Rosana. Recorda o último e cantos leva?
- Creo que é a primeira vez que marco catro goles nun partido de Primeira División. O ano pasado marquei tres en varios e ao Campillos fíxenlle cinco.

- Agora están a 10 puntos do líder. Pódese soñar?
- Non facemos plans a longo prazo, pero estou segura de que se seguimos nesta liña imos acabar con moitos puntos.

- E aínda non debutou Cely.
- Axudaranos moitísimo, sobre todo en ataque. É unha xogadora con calidade e que sempre está en primeira liña. Espero que poida xogar canto antes; agradecerémolo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores