Entrevistas
28 de decembro de 2011 El Progreso - A Mariña
Javier Pardeiro: 'A lesión de Lucía é un grave contratempo'

A terceira tempada do Burela FSF na elite feminina do fútbol sala está sendo máis dura do esperado. As lesións de Peque, Haydée e Lucía impediron ao equipo dar todo o que ten.

O Burela FSF Pescados Rubén chegou ao parón do Nadal na oitava posición da Primeira División, con 18 puntos. O triunfo na cancha do Orvina permitiu ao cadro laranxa meterse en posicións de Copa de España por primeira vez nas últimas semanas, pero a lesión de Lucía no último adestramento escureceu o panorama. A peche e máxima goleadora laranxa sufriu un problema nun xeonllo e está pendente dunha resonancia para coñecer o alcance da súa lesión.

O adestrador do Burela FSF, Javier Pardeiro, mostra a súa preocupación pola posible ausencia de Lucía nos próximos encontros e non descarta acudir ao mercado de inverno para reforzarse, aínda que recoñece as dificultades que entraña atopar unha xogadora que poida axudar ao equipo.


Que balance fai das primeiras 11 xornadas do campionato?

Moi positivo, sobre todo a nivel de xogo. Sabiamos que tiñamos un persoal curto e pasámolo mal nalgúns momentos. Tivemos lesións que nos minguaron considerablemente, como foi a de Peque ou os problemas de costas de Haydée. Agora tamén temos a baixa de Lucía, que non sabemos o que pode ter e é un serio contratempo para afrontar a segunda volta. Non só nos minguaron á hora de competir, senón que nos privan de manter unha gran intensidade nos adestramentos.

Esperaba ter máis puntos a estas alturas de Liga?

Creo que é algo que non se pode valorar porque apenas puidemos adestrar e competir co equipo ao completo. Estamos máis ou menos na media habitual das pasadas tempadas, pero insisto en que nos achegamos moito máis aos equipos grandes.

 

Leer máis: http://lugodeportes.galiciae.com/nova/140219.html

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores