Entrevistas
13 de decembro de 2011 La Voz de Galicia
Clebinho, 'case recuperado' da conmoción cerebral que sufriu en Barcelona

"Superei a un contrario, íalle a dar o pase a Víctor e sufrín un empuxón accidental. Caín ao chan e golpeei a cabeza". Así recorda Clebinho a acción que o sacou do partido do Burela fronte ao Barcelona B, a falta de 5 minutos para a conclusión, e o levou ao hospital cunha conmoción cerebral. "Perdín a consciencia durante 2 ou 3 minutos (...) Asusteime bastante porque o golpe foi moi forte, pero afortunadamente a cousa non pasou a maiores", contaba onte, "case recuperado" do incidente e cunhas ganas tolas de volver a calzar as zapatillas. [...]

No momento da lesión do futbolista brasileiro o Burela FS Pescados Rubén vencía por 2-3. "Non sei o que pasou despois. Ata entón tiñamos o partido bastante controlado e fixeramos máis méritos que o Barcelona, foi unha pena. Eran tres puntos moi necesarios e agora si que xa non podemos fallar ante o Valencia", afirma Clebinho, autor do primeiro gol do seu equipo ante o filial blaugrana.

Un Burela "máis forte". O xogador burelista cumpre a súa segunda campaña ao servizo dun equipo ao que se sumou a pasada tempada e ao que agora ve "máis forte". "O cadro é máis completo, hai máis rotacións e así é máis fácil. Ademais, o ano pasado tampouco tivemos sorte coas lesións", explica, convencido de que o Burela estará "entre os mellores" ao termo da fase regular. "Canto máis arriba mellor", sentencia Clebinho.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores