Entrevistas
27 de setembro de 2011 La Voz de Galicia
Lucía: 'Loitaremos para gañar a liga'

O Burela FS-Pescados Rubén non foi quen de acadar punto algún nos seus enfrontamentos na casa con dous dos xigantes da Primeira División Feminina. O Móstoles gañou no Vista Alegre por 0-3 e o Ponte Ourense fíxoo por 0-1. Dúas derrotas cun contido estraño que deixan o conxunto de Pardeiro lonxe das posicións de privilexio, pero sen consecuencias nas miras nin na carga anímica das xogadoras. “Loitaremos por gañar a liga”, advirte Lucía Nespereira, que onte festexaba o seu 25 aniversario dándolle voltas ao desenvolvemento do encontro do sábado.


-O infortunio foi outra vez o motivo da derrota?

-Falar de novo de mala sorte pode resultar canso para a xente... O certo é que non fomos inferiores ao Ponte. Encaixamos o gol nun rebote no que o balón lle caeu a Ampi, que case nunca erra, e 35 segundos despois o remate de Peque foi contra o poste. Pero non hai que darlle máis voltas. Como di Pardeiro, ao final de liga cada un vai estar onde se merece.

 

-En 80 minutos non foron capaces de facer nin un só gol.

-Certo. Está claro que nos está faltando acerto para converter as ocasións que creamos e isto puido ser outro dos motivos destas dúas derrotas. Pero de momento non hai por que preocuparse, xa que estamos creando bastantes ocasións.


[+ inf. en La Voz de Galicia]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores