Entrevistas
20 de setembro de 2011 La Voz de Galicia
Juanma: 'As sorpresas serán frecuentes en 2011-12'

Granada, Gáldar, Playas de Castellón... e Burela. Para Juanma, o club mariñán merece un sitio no grupo de aspirantes ao ascenso directo. Polo menos a día de hoxe, “logo xa veremos”, apunta o capitán burelista, que cualifica o seu equipo de “galo” nun grupo de máxima competencia no que, na súa opinión, “as sorpresas serán frecuentes” e os puntos de domicilio “estarán moi caros”.

Nas súas explicacións tras o primeiro partido do campionato, o xogador laranxa prometeu un Burela máis sólido no futuro e desculpou o patinazo fronte a un ElPozo Ciudad de Murcia que “levou demasiado premio para o que expuxo”. “A estrea non foi todo o boa que esperabamos, e menos tendo o partido tan ben encamiñado, pero non é de recibo dramatizar. Era o primeiro partido, había moitas ansias de agradar... Déronse unha serie de circunstancias que nos pasaron factura, iso é todo. A marxe de mellora é moi ampla”, declarou Juanma, que viu o seu equipo “ausente” durante un bo tramo do segundo período pero valente e coas ideas claras no primeiro acto e na procura da remontada. “Estamos no bo camiño”, sentenciou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores