Entrevistas
20 de setembro de 2011 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'Necesitabamos gañar tras a derrota inmerecida do Móstoles'

O triunfo na cancha do Soto del Real encheu de satisfacción ao técnico do Burela FS Pescados Rubén, Javier Pardeiro, que considera que era moi importante sumar tres puntos despois da derrota ante o Móstoles FSF. “O máis importante era gañar porque viñamos dunha derrota inmerecida. Sabiamos que todo o mundo nos daba como gañadores pola entidade do rival, pero o Soto del Real sumou case todos os puntos da pasada tempada ante a súa afección. Estou seguro de que algún equipo importante se deixará puntos alí”, dixo.

As burelás saíron en tromba, igual que fixeron ante o Móstoles e só a falta de definición as privou de sentenciar o partido nos minutos iniciais. “Tivemos tres ou catro ocasións clarísimas para coller unha boa vantaxe, pero non atinamos. Menos mal que tivemos a paciencia necesaria para non relaxarnos e ao final chegou o gol”, asegura Pardeiro, que cre que o segundo tempo tamén foi do seu equipo, aínda que houbo algúns minutos de incerteza. “En liñas xerais estou moi contento co rendemento do equipo, sobre todo no primeiro tempo, xa que o rival só tirou unha vez á portería. Na segunda metade tamén levamos o peso, pero houbo seis ou sete minutos de descontrol que non podemos nin debemos permitir noutros encontros”, concluíu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores